Alfonso Rueda e Ethel Vázquez reúnense coas tres federacións de transportes de mercadorías
Publicado o 07/04/2020 15:05
O vicepresidente, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantiveron unha xuntanza por videoconferencia coas tres federacións de transportes de mercadorías de Galicia.
A Xunta entregoulles hoxe 10.000 máscaras de protección e pediulle ao sector que prestase especial atención aos pequenos transportistas.