CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda defende a "cogobernanza", pero coa coordinación do Estado

Publicado o 25/08/2020 14:57

Alfonso Rueda insistiu esta mañá que Galicia está poñendo todo o esforzo posible para porlle freo a pandemia e xestionar do mellor xeito posible esta nova realidade.

Asegurou o vicepresidente da Xunta en funcións que Galicia se adiantou ao Gobierno central na toma de decisións e critica agora na desescalada a falta de apoio do Goberno ás comunidades. Rueda defende a cogobernanza. A coordinación, dixo, ten que facela o Estado.

Noticias web

25/08/2020