CRTVG

Buscar

A Xunta dá por rematada a folga de Xustiza e prevé eliminar os servizos mínimos

Publicado o 16/05/2018 15:23

A Xunta dá por rematada a folga da Xustiza. Alfonso Rueda acaba de dicir que os traballadores non a están secundando e que a partir da semana que vén se eliminan os servizos mínimos ao non ser necesarios. En calquera caso, o vicepresidente da Xunta asegurou que para poder aplicar o acordo que se lles presentou aos sindicatos, hai que agardar a resposta que dan. O prazo para esa resposta finaliza este venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018