Feijóo cualifica o crime como unha "aberración" e Sánchez pide non parar "ata poñerlle fin ao machismo criminal"
Desde todas as forzas políticas condenouse este novo crime machista. Desde A Arxentina, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificouno como unha "aberración".
Lo ocurrido en Valga es una aberración. Todo nuestro cariño a la familia de las tres mujeres asesinadas. Basta ya de violencia machista
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) September 16, 2019
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, afirmou que "non imos parar ata poñerlle fin ao machismo criminal".
Terrible. Tres mujeres de una misma familia asesinadas en Pontevedra, víctimas de la #ViolenciaDeGénero. Un sentido abrazo y todo mi cariño para sus seres queridos.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) September 16, 2019
No pararemos hasta poner fin al machismo criminal que masacra a las mujeres.
Os queremos libres, seguras y vivas. https://t.co/E3dFEG0vFd
O vicepresidente da Xunta desprazouse ata Valga para trasladar o pesar do Goberno galego e a repulsa polo triplo asasinato.
Alfonso Rueda, de quen depende a Secretaría Xeral de Igualdade, dixo que cada morte é unha traxedia, e neste caso é aínda maior polas circunstancias do crime.
O vicepresidente confirmou que xa se desprazaron a Valga equipos de apoio psicolóxico e de menores da Xunta para atender os fillos da parella, malia que será a xuíza a que determine se deben actuar.