CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda avala a capacidade que ten Galicia para vacinacións masivas se chegan máis doses

Publicado o 06/04/2021 14:02

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, avala a capacidade de Galicia para vacinar de xeito masivo. Di Rueda que só é preciso que cheguen máis vacinas: "Se durante este mes chegan máis, estamos preparados para facer vacinacións de moitas máis persoas. Oxalá sexa así, porque cada vez se demostra máis que, xunto co cumprimento das normas mentres non cheguemos a esa porcentaxe de inmunidade que nos daría certa tranquilidade, a vacinación é a saída a este pesadelo que levamos un ano vivindo".

Noticias web

06/04/2021