CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda asegura que a Volta Ciclista foi o escaparate perfecto para promocionar o turismo galego e o Camiño

Publicado o 05/09/2021 22:55

"A volta ciclista a España, esta volta ademais tan especial, tan espectacular, tivemos onte unha etapa histórica, das que non se lembraban, que chegou a Mos e saíu de Sanxenxo e ao final a ultima etapa vai entrar no Obradoiro e vai supoñer o colofón de todo o que foi este Xacobeo e do que está por chegar. Creo que é magnífico e moi boa promoción e seguimos traballando para que este ano turístico histórico para Galicia teña continuidade multiplicado por moito no ano 2022" asegurou Alfonso Rueda Vicepresidente da Xunta

Noticias web

05/09/2021