CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda augura "inestabilidade" na coalición de goberno

Publicado o 12/01/2020 13:32

"Parece que hai barra libre para nomear a todo o mundo, e a min sinceramente vinte ministerios e catro vicepresidencias paréceme excesivo, pensando ademais que a coordinación brilla pola súa ausencia". "Aquí en Galicia vímolo co famoso bipartito, que durou o que durou, e aquí vai ser o mesmo", asegura o vicepresidente da Xunta.

Alfonso Rueda augura "inestabilidade" e aprema ao executivo a atender as necesidades de Galicia. Afirma que a comunidade acabou o ano con déficit debido aos 370 millóns de euros que lle debe o Goberno central. Uns cartos que volve esixirlle a Pedro Sánchez e que non descarta reclamar vía xudicial.

"Provocaron que Galicia incorra en déficit por primeira vez en dez anos, nunca incorremos en déficit, mesmo nos anos máis duros, pero se vostede ten presupostados case 400 millóns de euros porque son da Xunta de Galicia, porque tiñan que vir, e de repente córtannolo. É como se conta coa nómina á fin de mes e ingrésanlle só o 40 por cento" "é vergoñento que o BNG, nese suposto pacto de goberno que tanto conseguiu, renuncie a ese diñeiro".

Rueda pídelle ao goberno que convoque o Consello de Política Fiscal e Financeira. Afirma que "os pactos e as hipotecas" que poidan ter os socialistas con ERC non poden minguar o financiamento que lle corresponde a Galicia.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2020