CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda: "A hostalería necesita axudas directas que compensen a perda de beneficios"

Publicado o 03/11/2020 11:43

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, falou este martes no Bos días sobre a situación do sector hostaleiro, un dos máis castigados polas restricións.

"A hostalería é consciente de que a saúde está por encima de todo, e se as medidas funcionan ten que repercutir nunha mellora da situación e volverán retomar o ritmo dos negocios", dixo Rueda. 

Non obstante, o vicepresidente cre que o sector precisa de medidas que lle permitan saír adiante: "Temos o bono turístico e axudas postas en marcha, pero é certo que se alonga a situación e o sector turístico vese cada vez máis prexudicado. Necesitamos axudas directas que compensen a perda de beneficios que se están producindo", afirmou. 

Alfonso Rueda dixo que os empresarios e traballadores da hostalería "poñen por diante a súa responsabilidade. Cando se limita mobilidade e capacidade de reunión turismo e hostalería son os que máis sofren, por iso hai que pensar en axudas directas. A Xunta vai dar axudas para problemas de liquidez como xa estamos dando ao ocio nocturno".

"Necesitan axudas canto antes, e a Xunta vainas aprobar en próximas datas, pero ten que haber tamén medidas a máis longo prazo. E ten que ser un esforzo de todas as administracións. Precisamos que o Estado reduza o IVE, que sexa superreducido a partir do ano que vén. Están anuncindo subidas de impostos e ten que ser todo o contrario. Os concellos tamén teñen que facer a súa parte coas taxas que son competendcia municipal", asegurou o vicepresidente da Xunta.

Ao mesmo tempo, Alfonso Rueda dixo que "o sector turístico ten que traballar con planificación, hai que ter un horizonte: Semana Sant, cando debería reactivarse a actividade turísica". 

"Ao sector turístico hai que darlle capacidade para organizarse, saber ata cando pode estar en ERTE. Non ten sentido que a día de hoxe se saiba que non van máis alá de final de ano. Traballo debería dicir que se van prolongar ata que empece a temporada alta. É unha demanda dos profesionais do sector", concluíu Rueda. 

Noticias web

03/11/2020