Alfonso García é o terceiro candidato á presidencia da Federación Galega de Automobilismo
Publicado o 23/09/2021 15:56
Un apuntamento de automobilismo. Aquí temos outro candidato á presidencia da Federacion Galega de Automobilismo.
Este é o ourensán Alfonso García Eiriz. A segunda opción xunto ao lalinense Toño Rodríguez na pelexa por desbancar a Ivan Corral do ente federativo. Esta mañá visitamos a Alfonso García, que entende que o automobilismo galego necesita un cambio e nega que sexa a marca branca de Iván Corral. Critica a xestión economica:
"Queremos optimizar os recursos, a xestión económica actual non se está facendo ben. A nosa é unha candidatura independente, non temos nada que ver nin coa outra candidatura nin co presidente inhabilitado", declarou.