Alfonso Castro xogou no último Deportivo-Racing hai 40 anos
Publicado o 25/11/2020 13:13
Sesenta e cinco goles asinou Alfonso Castro de branco e azul. Este ferrolán, pichichi do Deportivo dos 70, lembra que aquel era outro fútbol.
Castro xogou o Dépor-Rácing de hai corenta anos en Riazor. Impúxose o Racing.
Alfonso Castro cre que o actual Deportivo irá a mellor, pero precisa tempo.El chegou a marcar 24 goles nunha campaña. Dos actuais dianteiros, ve os do Rácing máis a ton. Albisca, porén, un derbi moi parello.