CRTVG

Buscar

Alfonso Alonso dimite como presidente do PP vasco e deixa a política polas discrepancias coa dirección do partido

Publicado o 24/02/2020 18:17

Alfonso Alonso dimite como presidente do PP vasco, e anuncia que deixa a política. Toma a decisión 24 horas despois de que a dirección do partido lle comunicara que non contaba con el para ser o candidato a lehendakari nas eleccións autonómicas do cinco de abril, e que sería relevado por Carlos Iturgaiz.

Alonso foi moi crítico desde o primeiro momento coas condicións en que se negociou a coalición entre os populares e Ciudadanos para concorrer xuntos aos comicios. Fontes do PP vasco non descartan que haxa máis dimisións na formación.

Alfonso Alonso, ex-presidente do PP vasco: "Sei que non conto coa confianza da dirección nacional do partido e nesas circunstancias e así é imposible seguir ostentando esta responsabilidade. Creo que aquí houbo unha colisión entre dúas maneiras de entender a política, o funcionamento do noso partido e tamén de entender o que é España e como se articula e se vertebra a súa diversidade. Creo que o Partido Popular de Euskadi gañou a súa maioría de idade hai moito tempo"

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí