A chuvia non impediu a elaboración das alfombras en Ponteareas
Finalmente a chuvia non impediu nin a elaboración das alfombras de pétalos nin a saída do Santísimo na procesión do Corpus Christi de Ponteareas. Os 25 tapices florais, coma cada ano, cubriron máis dun quilómetro de chan nas rúas da zona vella da vila.
Cos xeonllos no asfalto e con dor nos cadrís. Así remataron, de madrugada, parando aos anacos pola chuvia, as mulleres, homes e nenos das distintas asociacións alfombristas de Ponteareas. Xa de mañá cedo moitos eran os festeiros que admiraban as obras de arte feitas maiormente con hortensias na décima edición desde que é festa de intertese turístico internacional.
Esta madrugada eleboraron 25 alfombras. En liña recta ocuparían un quilómetro de arte. A máis grande, coma cada ano, esta da rúa da Constitución, que ocupa 700 metros cadrados.
Desde o centro de México, como alfombreiros invitados por primeira vez, os devotos de San Miguel Arcanxo elaboraron este manto.
O ano que vén, emulando os engalanados do Corpus en Toledo, veremos todas as rúas do centro da vila así, coma esta de Ponteareas, hoxe un proxecto piloto. Coma cada ano á unha o corpo de cristo, o Santísimo, saíu en procesión. Os pés dos fieis estragaron como é tradición o que a choiva non puido esta madrugada.