CRTVG

Buscar

Alfombras florais virtuais nun Corpus diferente

Publicado o 02/06/2020 20:37

As tradicionais alfombras de flores trasladáronse a casas e locais de asociacións de moitos concellos galegos. Este ano, vilas como Bueu ou Ponteareas vivirán un Corpus diferente. O coronavirus xa cambiou os seus plans. Unha delegación de 20 galegos deberían viaxar a Toquio para representar o seu traballo. Como non puideron ir, cada agrupación fixo as súas pequenas mostras para despois unilas nun vídeo reflexo da súa arte.

O seu traballo tamén foi unha homeaxe aos organizadores do congreso no Xapón, que puxeran toda a súa ilusión na acollida de 500 persoas de todo o mundo, e que finalmente tiveron que suspendelo. Unha unión entre as dous culturas recollida nestas obras de arte efémera.

Noticias web

02/06/2020