CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Alfombra floral en Burela

Publicado o 04/06/2016 21:23


A vila mariñá de Burela celebra estes días as súas festas. Como vén sendo habitual, a localidade enteira conságrase na elaboración da alfombra floral pola que, en breve, pasará a procesión coa patroa, a Virxe do Carme.

As rúas de Burela están tomadas polas alfombras florais.

Ten que estar todo rematado en breve porque ás dez da noite sae a procesión da patroa de Burela, a Virxe do Carme.

Son algo máis de seiscentos metros de alfombras realizadas con ciprés, que aporta a cor verde, sal tinguido, restos de café e outros materiais porque a flor este ano foi escasa por mór do tempo. Os motivos que representan son da mesma comarca.

As alfombras florais de Burela elabóranse desde hai moitos anos, pero é a partir de 1994 cando se decantan por cubrir o percorrido enteiro entre a igrexa e o porto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí