CRTVG

Buscar

Alexei Navalni inicia unha folga de fame na prisión e denuncia torturas

Publicado o 01/04/2021 08:49
Alexei Navalni inicia unha folga de fame na prisión e denuncia torturas

O líder opositor ruso Alexei Navalni declarouse en folga de fame despois de acusar aos servizos penitenciarios de denegarlle a asistencia médica en prisión.

Navalni, que leva dous anos e medio preso, denunciou que sufre acoso por parte das autoridades rusas e torturas por privación do sono que están provocando un rápido deterioro da súa saúde.

Os servizos penitenciarios rusos aseguran que Navalni ten toda a atención médica necesaria e cualifican o seu estado de saúde de estable e satisfactorio.

Noticias web

01/04/2021