Catro dos cinco deputados de En Marea rompen a disciplina de voto
Catro dos cinco deputados de En Marea votaron a favor de seguir tramitando os presupostos, desoíndo a dirección do partido. Luís Villares lamentou esta decisión e agarda que non volva repetirse. No debate a deputada de En Marea Yolanda Díaz defendeu a parte social dos presupostos pero criticou que non incluíran as demandas do grupo parlamentario sobre Galicia. "Subimos as bolsas de estudos, melloramos a dependencia, subimos as pensións, recuperamos o subsidio de desemprego. É o noso traballo. Sabemos que son sociais, pero, presidente, non son galegos", aseguraba.
Pero o Consello de En Marea ordenáralles votar en contra de que se seguiran tramitando algo que só fixo Alexandra Fernández. Os outros catro deputados seguiron a disciplina de voto do grupo confederal de Unidos Podemos en sentido contrario.
O voceiro de En Marea non ocultou o seu malestar. Di que os orzamentos eran unha mofa con Galicia e incumprían as promesas que lles fixeron aos seus votantes.
"Non é unha cuestión menor porque xogamos a nosa credibilidade, é a credibilidade da organización ben fixada pola posición política da organización non dos deputados. Se os deputados non seguen as consignas da organización temos un problema que temos que solucionar", asegura o voceiro de En Marea.
Villares dixo que non lle corresponde a el decidir se adoptan medidas disciplinarias. Pero, a diferenza do que pensa Esquerda Unida, asegura que os deputados no Congreso non están sometidos á disciplina de voto do grupo confederal senon á que marca En Marea como partido soberano.