CRTVG

Buscar

Alexandra Fernández deixa de ser militante de Anova

Publicado o 19/03/2019 20:18

Alexandra Fernández dáse de baixa de Anova. A decisión chega tres semanas despois de anunciar que deixaba a primeira liña política. A deputada estaba enfrontada á dirección da formación, á que acusaba de someterse aos intereses de Podemos. E sobre a ruptura dos partidos que integraban En Marea falou o ex-dirixente de Podemos Galicia, Breogán Riobóo. Acusa a formación morada e a Esquerda Unida de romper con En Marea para ter máis poder.

Cando o presidente do Goberno anunciou a convocatoria de eleccións para o 28 de abril, a deputada no Congreso de En Marea e militante de Anova, Alexandra Fernández, comunicaba que abandonaba a política activa para retormar os seus estudos. Daquela dicía que mesmo sopesaba deixar a militancia de Anova. Unha decisión que consuma agora.

A marcha de Alexandra Fernández de Anova chega despois de dous anos de enfrontamento coa dirección da formación á que acusou de someterse aos intereses de Podemos.

Enfrontamento con Anova e tamén co resto de deputados de En Marea. A ruptura escenificouse hai un mes cando Alexandra Fernández votou en contra da tramitacións presupostos tal e como pedía a dirección de En Marea pero o resto do grupo parlamentario, apoiou os orzamentos seguindo as directrices de Podemos.

Sobre a fractura entre os partidos que crearon en Marea, pronunciouse o ex-secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo. Asegura que a formación morada e Esquerda Unida romperon con En Marea "para ter máis poder". E de Anova di que o fixeron ante a imposibilidade de que alguén dos seus ocupase algún dos "postos de saída" nas candidaturas. Riobóo remata anunciando que dará o seu voto ao BNG.


 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/03/2019