CRTVG

Buscar

Álex Pedreira, 32 anos, veciño de Culleredo e cunha vida vencellada ao tren

Publicado o 03/06/2020 15:45


O Burgo, no concello coruñés de Culleredo, era o lugar de orixe de Álex Pedreira de 32 anos, unha das vítimas mortais do accidente de tren de Zamora. Facía a viaxe como maquinista en prácticas, un traballo que levaba desenvolvendo catro meses. Estaba preparándose para conducir trens de viaxeiros. Un dos veciños desta rúa do Burgo, onde vivía Álex Pedreira e tamén parte da súa familia, manifestou que hoxe están consternados co suceso

 "Aquí, quen máis e quen menos está atemorizado co que lle pasou a ese rapaz, porque xa digo é unha familia moi boa"., afirma un veciño

Sinalou tamén que unha das avoas do maquinista falecido é de Zamora, provincia onde se produciu o fatídico accident "Ela é zamorana, a avoa é de Zamora e el foi morrer a Zamora, así que..."

A familia do falecido está vencellada ao ferrocarril, de feito o seu pai é interventor de Renfe

O maquinistas ferido, en estade grave

O maquinista que quedou ferido grave onte no accidente do tren Alvia que descarrilou na localidade zamorana da Hiniesta continúa grave pero estable. Permanece ingresado na UCI do Hospital Virgen de la Vega de Salamanca a onde foi trasladado onte á noite para ser intervido cirurxicamente. Ten 55 anos e é natural da Coruña.

 

Noticias web

03/06/2020