Álex Chan queda fóra do mundial de balonmán por un gromo de coronavirus na súa selección
Publicado o 13/01/2021 21:05
Hoxe comeza o mundial de balonmán en Exipto. Alí participan dous galegos, Rodrigo Corrales con España e Pedro Rodríguez con Hungría. Non vai poder estar finalmente Álex Chan. O pontevedrés non pode cumprir o seu soño porque a súa selección, a dos Estados Unidos, tivo que renunciar logo de rexistrarse ata 18 positivos en covid no equipo.
Álex Chan está en Dinamarca, concentrado, e antes de volver terá que superar unha PCR. Hai outra renuncia, a da República Checa. Entran no torneo Macedonia e Suíza.
Máis sobre actualidade
24/01/2021 14:58
24/01/2021 14:13