CRTVG

Buscar

Alertcops, a aplicación da policía para garantir a seguridade dos camiñantes

Publicado o 28/11/2019 19:49

Paso a paso, as novas tecnoloxías incorpóranse ás rutas xacobeas, nesta ocasión para mellorar a seguridade no Camiño Francés. A Garda Civil habilitou un sitio na aplicación móbil de seguridade Alertcops, cunha función que permite compartir as últimas 10 localizacións do teléfono móbil do peregrino.

E ademais, a Garda Civil enviará mensaxes con consellos de seguridade ou avisos no Camiño aos teléfonos móbiles dos peregrinos. A seguridade avanza coa vista posta no Xacobeo 2021.

A Asociación de Municipios do Camiño, a Garda Civil e Cultura poñen en marcha unha campaña de seguridade con información despregada no Camiño Francés.

Noticias web

28/11/2019