CRTVG

Buscar

Alertaron de fraude de lei na tramitación dos ERE de Andalucía

Publicado o 13/06/2018 20:59

Continúa na Audiencia de Sevilla o xuízo da peza política dos ERE de Andalucía. O que fora interventor adxunto, Ignacio García Revilla, asegurou que alertaron a Consellería de Emprego dunha fraude de lei, dixo, no sistema de concesión dos ERE. Respondendo ao avogado de Griñán, recoñeceu que o ex-presidente andaluz, na súa etapa de conselleiro de Facenda, non tiña a obriga legal de actuar ante os informes de control financeiro que presentaban reparos ao pagamento das axudas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018