Alertan unha estafa en Correos no envío de paquetes a través de sms
Publicado o 15/10/2019 21:20
Correos advirte dunha posible estafa que ten como vítimas os clientes habituais do servizo de paquetería internacional. A estafa, xa detectada por Correos, consiste nun SMS ao teléfono móbil dos usuarios que estean agardando por un envío. A mensaxe informa dun suposto problema na aduana, e para resolvelo anima o cliente a pagar un euro abrindo unha ligazón que se facilita no texto.
Correos advirte de que todas as taxas sempre se pagan no momento de facer o envío.