Alertan na Toxa dos riscos de que algúns colectivos queden fóra da recuperación
O Foro La Toja estuda como enfrontar as incertezas que nos deixa a pandemia. Os expertos alertan dos riscos de que algúns colectivos queden fóra da recuperación. Esta mañá reflexionouse sobre o futuro do emprego, sobre a economía que sairá da pandemia. Xa ninguén dubida de que será moito máis tecnolóxica e que o teletraballo veu para quedar.
Os expertos reunidos na Toxa cren que as empresas e os traballadores terán que adaptarse ás novas circunstancia e que, polo tanto, será necesario repensar moitas categorías profesionais.Ademais de teletraballo e dixitalización tamén se volveu reflexionar esta mañá sobre a recuperación tras a pandemia.
Os expertos cren que España está tendo un bo ritmo de recuperación, pero poñen o foco naqueles colectivos que corren o risco de quedar atrás. Insisten en que a saída da crise non será completa se non abrangue todos os cidadáns.