CRTVG

Buscar

Alertan en Coirós do perigo dun poste de telefonía que ameaza con caer sobre a estrada

Publicado o 22/01/2020 14:36

Hai dous meses xa, a farmacéutica de Coirós avisou o teléfono de emerxencias para alertar do mal estado dun dos postes de teléfonos situado á fronte da botica. Practicamente solto xa pola base, o poste foi inclinando cada vez máis sobre a estrada nacional sexta. A compañía telefónica responsable mandou un técnico que só puido actuar de urxencia.

Coa amarra rota polo vento, o poste volve estar cada vez máis inclinado, sustentado só polos cables de telefonía e arrastrando co peso outro poste próximo.

Elena teme polos seus veciños e clientes, que andan preocupados porque, como di ela, o lugar onde está o poste, entre a farmacia e unha gasolineira á beira da nacional, é moi transitado decote.

O concello de Coirós insta a compañía telefónica a tomar as medidas necesarias urxentemente ante o perigo potencial que supoñen estes dous postes abaneando nun día de temporal sobre os peóns e vehículos deste treito da nacional sexta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020

Máis sobre Coirós