CRTVG

Buscar

Alertan do risco de intoxicación ao facer 'slime' caseiro

Publicado o 16/04/2018 21:16

e teñen nenos, seguro que oíron falar do Slime ou do blandiblú. É un produto parecido á plastilina que se pode fabricar na casa. A organización de consumidores alerta sobre esta moda porque xa se detectaron varios casos de intoxicación no noso país.

É unha pasta brandiña e os nenos adórana. En Internet hai moitos titoriais sobre como fabricala na casa. Pero moitos usan bórax ou ácido bórico, ambos tóxicos. A OCU alerta do aumento das intoxicacións por slime e recoméndanlles aos pais que vixíen os nenos cando o fabrican.Pois aquí lles deixamos unha receita das básicas. Cando se empece a separar das paredes teremos un blandiblú caseiro e un pouco menos perigoso. Aínda así, vixíen que o usen os nenos grandiños para que non teñan a tentación de comelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018