CRTVG

Buscar

Alertan do mal estado do paseo marítimo de Baiona

Publicado o 06/02/2019 14:03

Xa avisaron dúas veces e, polo de agora, Baiona non conseguiu que a Dirección Xeral de Costas rehabilite o seu paseo marítimo. No mes de novembro produciuse o último afundimento. O último tramo do paseo da Foz está acoutado dende o verán para evitar o acceso dos viandantes. 

Os usuarios deste tramo do paseo teñen que bordear un valo que acurta o ancho do paseo durante uns metros para evitar unha desgraza. Por este paseo camiñan, sobre todo no verán, milleiros de persoas.

O Concello de Baiona encargou informes e un atestado á Policía Local que se remitiu na documentación enviada a Costas. Preto da celebración da Arribada non se conseguiu que o arranxasen.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019