CRTVG

Buscar

Alertan do despoboamento das mesetas e de Asturias

Publicado o 19/07/2019 08:42
Alertan do despoboamento das mesetas e de Asturias

Esténdese o problema do despoboamento e xa está afectando as cidades pequenas e medianas, segundo un informe da Universidade de Barcelona.

As dúas Castelas e Asturias son as comunidades máis afectadas por este éxodo, principalmente de mozos ata os 39 anos con formación universitaria, que marchan dos seus lugares de orixe por falta de oportunidades. E Madrid e Cataluña son os grandes beneficiados deses movementos.

Os autores do estudo piden políticas económicas redistributivas para reter a poboación formada nas súas zonas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019