CRTVG

Buscar

Alertan do aumento da miopia entre os escolares e recomendan revisar a vista antes do comezo do curso

Publicado o 07/09/2021 13:37

Máis do 80 por cento da información que reciben os alumnos nas aulas é visual, polo que calquera problema coa vista pode derivar nun menor rendemento académico. Por iso, antes do inicio do curso os especialistas aconsellan facerlles unha revisión e estar atentos tamén a calquera síntoma que poida indicarnos que teñen un problema.

Alertan do notable incremento dos casos de miopía entre os rapaces desde o comezo da pandemia polo uso abusivo de pantallas. Case a metade dos nenos entre sete e 17 anos padecen este problema, que vai en aumento. Un diagnóstico precoz e seguir uns consellos de ergonomía visual son fundamentais.

Desde o inicio da pandemia aumentou o tempo que os nenos pasan diante de pantallas ou dispositivos móbiles: unha media de oito a 12 horas diarias. É aconsellable reducilo e que pasen máis tempo en actividades ao aire libre.

Noticias web

07/09/2021