CRTVG

Buscar

Alertan de que un 6 % das lesións medulares son causadas por mergullos imprudentes

Publicado o 04/07/2021 12:36

As recomendacións son as mesmas cada verán. Nunca hai que saltar á auga sen coñecer a zona e sen saber a fondura. Tirarse de cabeza só é seguro en profundidades de máis de metro e medio. Debería imporse o sentido común, pero as lesións medulares por mergullos imprudentes aumentan ano tras ano.

España suma cada ano ao redor de mil novos casos de lesións medulares de orixe traumática, como as causadas por lanzarse á auga. Os danos neurolóxicos adoitan ser moi graves, con afectación na forza e na sensibilidade das extremidades. Neste centro coruñés combinan o exercicio e a robótica para mellorar a funcionalidade e a calidade de vida dos pacientes.

Incorporaron os exoesqueletos e a realidade virtual ás terapias de rehabilitación. Nos próximos días porán en marcha a través das redes sociais unha campaña de concienciación para previr as lesións medulares causadas por traumatismos, que representan máis do oitenta por cento do total.

 

Noticias web

04/07/2021