Alertan de que os prezos dos combustibles seguirán subindo
Publicado o 21/09/2021 17:04
A gasolina subiu un 25 por cento nun só ano. Encher hoxe un depósito de 60 litros de gasolina custa 82 euros, o ano pasado 70. Doce euros máis que poden supoñer para moitos condutores ata 300 euros máis ao ano, segundo a OCU. Tamén o diésel está disparado.
Os combustibles marcan prezos históricos e, o que é peor, as previsións non son nada positivas. Os analistas alertan de que os prezos seguirán subindo.