CRTVG

Buscar

Alertan de que a etiqueta 'Local libre de Covid' é un reclamo publicitario

Publicado o 29/05/2020 21:20

Di que non son seguras, porque non se pode garantir que o local estea efectivamente libre de coronavirus. Estes selos promovéronse entre os establecementos co ánimo de darlles máis tranquilidade aos clientes. Pero ademais de non ser seguros, a Confederación Española de Comercio, advirte de que poden ser contraproducentes porque poden provocar que os clientes relaxen as medidas de seguridade. Esta alerta da Confederación Española de Comercio non é a única. A Organización de Consumidores, a OCU, xa denunciou este selos de 'libre de COVID' no Ministerio de Sanidade e pediu a súa prohibición.

Noticias web

29/05/2020