CRTVG

Buscar

Alertan de novos casos do calote do cambio na Coruña

Publicado o 25/09/2020 15:18

Eran as dez da mañá e neste mercado da prazo de Lugo, na Coruña, apenas había clientes. Daquela, tres mulleres achegáronse ao posto de María Dolores para mercar tres pescadas. Custaban 75 euros e unha delas sacou un billete, legal, de 500 euros.

Inmediatamente, canda o seu fillo e outros vendedores, botáronas do mercado. Aseguran que non é a primeira vez que se enfrontan a este calote.

"E nós, como comerciantes, queremos avisar a xente de que están outra vez con este calote", explica María Dolores.

 

Noticias web

25/09/2020