CRTVG

Buscar

Alertan da posible existencia en Lugo de criadeiros clandestinos de serpes pitón

Publicado o 15/02/2018 09:40

A Protectora de Animais Exóticos de Galicia busca varios criadeiros clandestinos de serpes pitón que poderían estar operativos en Lugo. Animan os propietarios ou os veciños a que se poñan en contacto coas autoridades debido ao risco sanitario que representan.

Dende a Protectora de Animais Exóticos de Galicia aseguran que lles chegan constantes referencias de criadeiros clandestinos de serpes pitón que poderían estar operativos na cidade de Lugo. Dado o risco sanitario que representan, levan tempo na súa procura. 

A Protectora de Animais Exóticos anima os propietarios dos viveiros, ou os veciños, a que se poñan en contacto coas autoridades. A finalidade é que se regularice a súa situación. 

A cría de réptiles require permisos especiais e non se pode realizar en contornas urbanas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2018