CRTVG

Buscar

Alertan da perigosidade para os ciclistas das vías abandonadas no porto de Vilagarcía

Publicado o 15/05/2019 14:30

As vías de ferrocarril que transcorren pola avenida de Valle Inclán, en Vilagarcía de Arousa, volveron estar na boca dos veciños despois de que a unha muller que estaba paseando en bicicleta lle quedaran atrapadas as rodas entre os raís e caera ao chan onte. Arestora permanece ingresada no hospital por unha rotura do óso sacro. Para as ducias de ciclistas que empregan esta vía diariamente, este feito non supón ningunha sorpresa.

Os usuarios dispoñen dun carril bici, pero deben pasar sobre as vías para cruzar e tamén nalgún tramo onde finaliza o carril habilitado para ciclistas, segundo contan. Outros tamén circulan pola estrada, pola que transcorren os raís, sen empregar esta vía para bicicletas.

Falan tamén do estado de desuso en que se atopan as vías, propiedade da Autoridade Portuaria.

Algúns colectivos da cidade xa se reuniron co Porto e co Concello para buscar unha solución, pero polo momento non se actuou de ningunha maneira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019