CRTVG

Buscar

Fortes refachos de vento e ondas de nove metros de altura na costa coruñesa

Publicado o 21/12/2019 14:48

Afastouse Elsa e entrou a borrasca Fabián sen dar un respiro, activando avisos de risco extremo no mar, con ondas de máis de nove metros de alturas e ventos do sudoeste que sopran con forza nove.  
A situación vai empeorar nas próximas horas en todo o litoral coruñés. O outono despídese mantendo a tónica dos últimos meses, desastrosos para o sector pesqueiro. "Non puideron aproveitar nada polo Nadal, vai seguido e veñen máis borrascas, pero hai que comelo". "Isto empeza sempre a partir do 15 de setembnro e non termina ata xaneiro ou febreiro. Despois empeza a cambiar un pouco, vén máis frío e hai menos temporais", comentan dous veciños.  

A policía vixía os puntos máis sensibles da costa, coma a contorna do santuario muxián da Barca. Ás tres activarase o aviso vermello por vento no mar. A partir das seis, a ondaxe superará os nove metros de altura. O vento tamén está complicando a xornada en terra, con refachos de máis de cen quilómetros por hora.

O aviso vermello no mar estará activo ata as nove da mañá, pero a situación na costa coruñesa seguirá sendo mala durante todo o domingo.

Noticias web

21/12/2019