CRTVG

Buscar

Alerta vermella ante a chegada do temporal Gloria á península

Publicado o 19/01/2020 14:45

A praia da Barceloneta, en Barcelona, plántalle area ao temporal Gloria, que afectará a toda a costa do Mediterráneo. Estoutras imaxe pertencen á cidade de Valencia. Esta borrasca mediterránea éatípica, por parecer máis unha borrasca atlántica, supón a primeira alerta vermella en escala tres, o máximo, desde que en 2007 a AEMET implantara o seu sistema de alertas. Porque a forza do mar nas Baleares e no Levante upará as ondas ata os sete metros.

José Ángel Núñez, de AEMET Valencia, conta que tamén hai un forte fluxo de vento que dá lugar ao mal estado do mar, moito vento, ondas de máis sete metros, o que é un récord para a costa do Mediterráneo.

Precipitacións de 150 litros por metro cadrado, ventos de 120 quilómetros por hora e neve en cotas superiores aos 600 metros no interior e norte da Comunidade Valenciana desde esta mesma tarde. No centro de España e en Aragón as temperaturas acadarán os 8 graos baixo cero. Nevará por riba dos 300 metros con acumulación de neve ata os dez centímetros en zonas nas que é pouco habitual. En Euskadi a cota de neve sobe un pouco, ata os 500 metros no interior. Así nevaba en Áraba hai uns minutos. Na costa cantábrica, como demostran estas imaxes dos valentes da praia da Concha en Donostia, o mar está calmo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020