CRTVG

Buscar

Alerta por quenllas nas praias de Foz e Barreiros

Publicado o 28/07/2020 21:10

Este é un dos moitos videos que os usuarios das praias de Foz e Barreiros tomaron estes días do exemplar de quenlla que se deixou ver moi preto da beira dos areais.

A aleta sobresaíndo da auga chamou rápidamente a atención dos bañistas, se ben non se produciron escenas de pánico polas reducidas dimensións do peixe. Non é habitual que este tipo de quenllas anden pola zona da Mariña, e por iso a súa presenza causou sorpresa mesmo entre os socorristas.

"Estes días había moita curiosidade por ver a quenlla porque non é habitual que anden por aquí. Chamou a atención dos veciños e da xente que nos visita estes días".

Segundo algunhas testemuñas, os visitantes puideron ser dous exemplares diferentes. Un deles sería da especie peregrina e o outro da que aquí se coñece como caella. En calquera caso, ningún dos animais supón un perigo porque non son agresivos e tampouco teñen forza nin dentes como para causar lesións graves. Eso si, atraeron moitos curiosos ás praias.

"Fálase de dous peixes. Unha quenlla peregrina e esta caella. Eu non as vin, pero por pouco perigosas que sexan ten que impresionar ver a aleta pola auga".

Malia non ser perigoso, a aleta fixo temer a máis de un por lembrar escenas propias das películas.

Noticias web

28/07/2020