CRTVG

Buscar

Alerta na China polo aumento de contaxios nas prisións

Publicado o 21/02/2020 21:22

A China confirma 2.200 falecidos e mais de 75.000 contaxiados por coronavirus. Hospitais cheos e rúas baleiras. Así transcorre a vida en Wuhan. Uns poucos fan cola ante un mercado exterior de froitas e verduras... Dentro, os produtos desinfectantes ocupan as primeiras filas.

Os falecementos e contaxios seguen aumentando, pero a un ritmo máis lento. As autoridades sanitarias poñen agora o foco nas prisións.

Un funcionario relata como hai xa uns 500 casos confirmados nas máis próximas ao epicentro do contaxio. De momento, non se rexistrou ningun morto, pero é cuestión de tempo. A masificación e as precarias instalacións médicas destes recintos cerrados son un perigo engadido.

A China segue concentrando o 99% dos casos de coronavirus. Fóra de alí, Corea do Sur acaba de confirmar 41 infectados na mesma cidade, Daegu. "Hai mais casos aquí que en Seúl. Temo que Daegu se converta no segundo Wuhan", di un mozo

Todos os afectados asistiran a un acto relixioso neste edificio que está sendo desinfectado. Había máis de mil persoas. As autoridades declararon a cidade zona de atención especial. Aínda non se sabe moi ben que significa.
 

Noticias web

21/02/2020