Alerta por choiva e tormentas na provincia de Lugo, tras sufrir Ourense pequenas incidencias
Un total de once provincias, entre elas Lugo, están este mércores en aviso por choiva e tormentas na cordilleira Cantábrica, nos Pireneos e no Sistema Ibérico, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
En concreto, Huesca, Lugo, Cantabria e Asturias estarán en risco amarelo por choiva e tormentas que poderán rexistrar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora; mentres que en Barcelona, León, Palencia, Xirona e Lérida acumularanse 20 litros por metro cadrado.
Doutra banda, Castellón e Teruel estarán en risco amarelo por tormentas, que poderán ir acompañadas de sarabia desde as 12:00 horas do mediodía até as 20:00 horas da tarde.
O vento será do nordeste no litoral norte de Galicia. En Galicia as treboadas máis importantes producíronse onte en Ourense con pequenas incidencias. En Allariz houbo pequenas indundacións e fortes sarabiadas na zona de Xinzo de Limia. As treboadas viñeron cun importante aparato eléctrico. En toda Galicia caeron 1.800 raios.