CRTVG

Buscar

Alerta laranxa por temporal costeiro con ventos de forza 8

Publicado o 22/11/2019 21:01

A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por temporal costeiro. Dende primeira hora da tarde, ventos do oeste e do noroeste de forza 8 azoutaron as Rías Baixas e mais a Costa da Morte, e posteriormente fóronse estendendo ao resto do litoral. En canto ás ondas, a peor situación encóntrase na Costa da Morte e nas Rías Baixas, onde hai mar combinado do oeste con ondas de 5 a 7 metros. Como resultado, boa parte da frota de baixura está amarrada a porto en practicamente toda a costa galega.

Como medida preventiva, recoméndase suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras nas zonas máis perigosas, ademais de extremar as medidas de seguridade á hora de traballar no mar. Cómpre ademais permanecer lonxe da liña de costa, incluidas as praias, os paseos marítimos, os peiraos ou as rompentes, co fin de previr que un golpe de mar poida arrastrar persoas ou obxectos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019