Alerta laranxa en todo o litoral galego por mar de fondo
• Chuvia, vento e mar de fondo en todo o litoral galego
• O 112 mantén activo o Plan Especial nunha ducia de ríos
• Predición meteorolóxica para este domingo
Galicia segue recibindo borrascas nun outono conquistado polo mal tempo. "Estáse poñendo feo, pero hai que botarlle alegría".Todo o litoral galego está en aviso por mar de fondo. Nalgúns puntos da costa coruñesa a altura das ondas alcanza os sete metros. O vento sopra do suroeste con forza sete e tamén se deixa sentir en terra con refachos de oitenta quilómetros por hora. "É moi pesado, é todos os días, non hai tregua". "Vaise levando, hai que abrigarse ben, saír e pasear. É o que hai".
A chuvia incorporouse pola tarde a esta combinación de fenómenos meteorolóxicos adversos. "Eu quería estar nas Canarias. A verdade é que estamos tendo un tempo bastante malo, enganchamos borrasca tras borrasca. O típico da costa galega". "E agora esta semana creo que veñen varias borrascas, así que aínda nos espera unha boa".
O domingo non promete ser moito mellor. Todo a costa estará en aviso laranxa por mar de fondo. O vento remitirá e a chuvia perderá intensidade, aínda que por pouco tempo. Hai novas borrascas no horizonte.