CRTVG

Buscar

Alerta laranxa en todo o litoral galego por fortes refachos e mar combinada

Publicado o 01/01/2018 20:38

Estamos pendentes tamén do mar. Hai alerta laranxa en todo o litoral galego por fortes refachos de vento e ondas de ata 8 metros de altura.

Durante toda a xornada, Galicia estivo baixo os efectos dunha borrasca sobre Francia. 2018 comezou cunha situación complicada no mar.Alerta laranxa en toda a comunidade por fortes refachos de vento e mar combinada.

En Cabo Silleiro o mar bate con forza e as ondas acadaron os 6 metros. A situación é máis complicada canto máis ao norte, na Mariña luguesa e na costa da Coruña as ondas acadaron os 8 metros de alturae os refcahos de vento os 80 quilómetros por hora.

Esta alerta laranxa manterase durante esta noite e mañá haberá mar de fondo con ondas que superarán os 5 metros.

Situación complicada no mar por unha alerta laranxa en todo o litoral galego. Se nun primeiro momento afectaba ao norte da nosa comunidade, ampliouse ata a provincia de Pontevedra. Mar de fondo do nordeste con ondas que superaron os 6 metros, un espectáculo que a xente non se quere perder e mesmo inmortalizan. Na Mariña luguesa e na costa coruñesa a situación complicouse algo máis e as ondas superaron os oito metros.

O vento do sudoeste tamén foi o protagonista nesta xornada e acadou os 80 quilómetros por hora en lugares da Coruña e de Lugo.

Este aviso permanecerá activo durante a noite. A dirección xeral de emerxencias recoméndalle á poboación que retiren os obxectos dos balcóns para evitar caidas e que a xente evite achegarse ata diques e rompentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2018