CRTVG

Buscar

Alerta laranxa en Cataluña, Baleares e Castellón por fortes precipitacións

Publicado o 22/10/2019 14:54

As catro provincias catalás, Castellón e as Baleares están hoxe en aviso laranxa polo risco de precipitacións fortes. Nalgunhas zonas, a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía é que poden caer ata 170 litros por metro cadrado en 12 horas. Esas precipitacións serán treboentas, e iso fai que se poidan concentrar nalgúns momentos e provocar perigosas riadas, sobre todo en zonas de montaña. De feito, no Empordán e o Pireneo de Xirona o nivel de aviso é vermello.

As chuvias e os chubascos estenderanse durante o día a outras zonas do terzo oriental peninsular. O avance da depresión nas capas altas da atmosfera provoca tamén unha baixada de temperaturas de entre cinco e dez graos nas zonas afectadas. Por riba dos 1.600 metros as precipitacións son de neve.

Noticias web

22/10/2019