CRTVG

Buscar

Alerta laranxa en 36 provincias españolas polas altas temperaturas

Publicado o 07/07/2020 20:55

Alerta laranxa en case 30 provincias españolas polas altas temperaturas que poden superar os 40 graos en moitas comunidades, especialmente do sur. A calima xa se deixou sentir nas illas Canarias, sobre todo en Tenerife e na maioría de localidades andaluzas, con termómetros que non baixan dos 36 graos.

As comunidades do interior non escapan desta intensa vaga abafante que afecta especialmente Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura.

Os consellos para evitar os golpes de calor son os de sempre: evitar a exposición nas horas centrais da xornada e beber moita auga porque a hidratación é prioritaria.

 

Noticias web

07/07/2020