CRTVG

Buscar

Máis de 500.000 litros de xurro contaminan a zona de desembocadura do río Eo

Publicado o 26/08/2019 16:09

Alerta nos concellos de Ribadeo e Trabada por unha vertedura procedente de Asturias. 580.000 litros de xurro contaminan a zona de desembocadura do río Eo. Proceden dun tanque dunha gandería da vila asturiana de Vegadeo, e afectan nove quilómetros.

Segundo os últimos datos facilitados ao 112 Galicia, a vertedura non afecta a captación de auga do Eo, xa que este punto atópase máis arriba da desembocadura no río. Por precaución, procedeuse ao peche para o baño das praias en Ribadeo máis próximas á ría.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019