CRTVG

Buscar

Alerta en Lugo ante o permiso carcerario dun home condenado por malos tratos

Publicado o 15/02/2020 21:02

O permiso carcerario dun home que fora condenado en 2010 por agredir sexualmente e lesionar a súa ex-parella mantén en alerta a policía en Lugo.
O condenado goza de tres días de liberdade, logo de cumprir máis de dous terzos da súa sentenza a dezaseis anos e medio de prisión. A saída da cadea puxo en marcha un protocolo especial de protección da vítima, que inclúe unha pulseira de posicionamento GPS que se activará no caso de que se achegue a menos de 500 metros da súa ex-moza.
 

Noticias web

15/02/2020