CRTVG

Buscar

Alerta en Galicia por un falso cupón de Zara

Publicado o 12/09/2017 09:16

A mensaxe chega a través de WhatsApp

Alerta en Galicia por un falso cupón de Zara. A mensaxe chega a través de WhatsApp. O suposto bono esixe cubrir un formulario con datos persoais.

A Policía Nacional avisou a través da súa conta de Twitter: trátase dun suposto bono de 150 euros para gastar na marca insignia de Inditex, despois de encher un formulario cos datos persoais pertinentes. O que buscan é facerse con información que só servirá para infectarnos con malware ou para limpar a nosa conta bancaria. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2017