CRTVG

Buscar

Alerta en 39 provincias españolas polo temporal

Publicado o 22/11/2019 15:03

14 comunidades españolas están en alerta, cinco laranxa e o resto amarela, por ondas na costa, chuvia, vento ou neve.

Huesca, Lleida e León teñen aviso amarelo por nevaradas e desxeo, mentres que en Serra Nevada, sen alertas, as estacións de esquí están cubertas e con instalacións a pleno rendemento.

En total hai 39 provincias en España con avisos amarelos ou laranxas por precipitacións, mar revolto, neve ou refachos fortes de vento. A chuvia abundante e persistente afecta case toda a península e as illas Baleares, e a marusía mantén en alerta case todo o litoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019