CRTVG

Buscar

Alerta amarela nas Rías Baixas por forte vento e mar

Publicado o 01/03/2020 21:17

O refrán di: "Gaivotas en terra, tempestade no mar". Estamos en Moaña. Aquí, no Morrazo, como en todas as Rías Baixas, hai alerta amarela por mar e vento para este domingo e tamén para o luns. As ondas do mar poderán chegar ata os catro metros, e o vento soprará con compoñente oeste e suroeste. Caerán ata 40 litros por metro cadrado.

E o tempo estará malo durante o arranque da nova semana, a que entra. As temperaturas no sur de Galicia non superarán os 15 graos, e nos ceos lucirán moitas nubes. A borrasca atlántica Karine atravesará de oeste a leste a Península Ibérica.

Na vila de Moaña, os carnavaleiros enterraron a sardiña. O mal tempo e especialmente os refachos de vento puxeron en perigo o acto que pechaba o Entroido. Pero ao final, celebrouse, e a algúns non lles parecía que fixese frío ou chovese. Aínda que damos fe de que si...

Noticias web

01/03/2020