CRTVG

Buscar

Alerta amarela na Mariña, por vento forte pero con pouca chuvia

Publicado o 20/02/2021 16:41

Zoa o vento con forza en Burela e en xeral en toda A Mariña, onde, con todo, a borrasca Karim apenas deixou incidencias.

O vento molesta para camiñar, tamén é imposible saír a pescar porque hai refachos moi fortes. E iso que na Mariña están afeitos aos temporais. Nesta ocasión a zona está en alerta amarela.

O peor foi pola noite. Na zona da Mariña rexistráronse refachos de 137 quilómetros por hora. En Burela chegaron aos 109.

Iso si, desta volta o temporal Karim apenas deixou chuvia. A borrasca acabará de pasar en breve.

De feito, pola tarde a situación amaina e xa non hai alerta por vento.